Programa Fogar Vivo 2026: axudas para o aluguer de vivendas baleiras

Axudas para incentivar a posta no mercado de aluguer de vivendas privadas baleiras a prezos accesibles, financiando obras de mellora e seguros.

Requisitos

  • Vivendas: situadas en Galicia, de titularidade privada, sen protección pública e con condicións de habitabilidade.
  • Estado: non estar alugadas nos 3 meses anteriores á solicitude (con excepcións para contratos recentes de menos de 15 días).
  • Compromiso: vincular a vivenda ao programa durante 5 anos (persoas físicas) ou 7 anos (persoas xurídicas).
  • Rendas: o prezo do aluguer non pode superar os límites establecidos por zonas (desde 450 € ata 700 € mensuais).
  • Perfil para axuda vinculada: arrendatarios menores de 36 anos, con fillos menores ou persoas con discapacidade a cargo.

Prazos

  • Presentación de solicitudes: desde o 5 de marzo ata o 3 de xuño de 2026, ou ata esgotar o crédito.
  • Execución de obras: actuacións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante os seguintes códigos de procedemento:

  • VI426F: para axudas de adecuación e reparación.
  • VI426H: para seguros de impago/multirrisco e axudas vinculadas.

Máis información