San Silvestre de Vigo 2025

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo organizan a carreira de fin de ano San Silvestre de Vigo 2025.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non federadas. Non haberá clasificación da mesma por tratarse dunha proba NON COMPETITIVA. 


A proba celebrarase o martes 31 de decembro de 2025 a partir das 12:00 horas. 
Saída e Meta: A saída e meta da proba estará situada na Praza Porta do sol.
Ubicación -> https://maps.app.goo.gl/BKteXWMpqA8aspcF6
 
Inscrición
Ata o día 28 de decembro. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA
Recollida de dorsais
Lugar: El corte Inglés (VIGO) 
Horario:  
Día 30 de decembro de 10:00 horas a 22:00 horas.
Día 31 de decembro de 10:00 horas a 11:00 horas.
Recollida de alimentos:
Como en anteriores edicións, na carreira San Silvestre levarase a cabo unha acción solidaria en favor do Banco de Alimentos. Tódolos participantes entregarán alimentos non perecedoiros no horario de 10:00 a 11:50 horas nas carpas habilitadas na praza da princesa.