Esta convocatoria de subvencións, que se integra na liña 4.7 de Fomento de actividades
sociais: actividades de interese público realizadas a través de agrupacións de persoas, asociacións,
etc do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa
sesión ordinaria do 08.03.2024, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais, entidades
sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer, peñas recreativas, de promoción e defensa de
valores, étnicas e relixiosas, sen ánimo de lucro, constituídas legalmente como tales e inscritas
nos epígrafes correspondentes do Rexistro Municipal de Asociacións, para o desenvolvemento
de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo
e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades
asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e
benestar social da cidadanía.
+Info: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4824&lang=ga