Titulos Oficiais para persoas desempregadas en Galicia

Nova convocatoria de cursos con Certificados de Profesionalidade para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego en Galicia. Esta formación é 100 % subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, oficial e está deseñada para:

  • Mellorar a cualificación profesional.
  • Aumentar a empregabilidade.
  • Ofrecer competencias adaptadas ás necesidades reais do mercado laboral.

Os cursos impartiranse en modalidade en liña, con sesións presenciais en:

  • Vigo (Pontevedra): Travesía de Vigo nº15, 1º, 36206 Vigo.
  • Lugo: Ronda da Muralla nº52, 27002 Lugo.

Combinan formación teórica e práctica e inclúen períodos de prácticas en empresas. Contan cun recoñecemento oficial que acredita as competencias adquiridas e facilita a inserción no mercado laboral.

Adxuntamos a nota informativa completa e a cartelería, que podedes compartir cos vosos usuarios/as. Lembrade que as prazas son limitadas, polo que recomendamos inscribirse canto antes.

Podédes consultar os cursos dispoñibles e solicitar praza no seguinte enlace:
https://www.cursosfemxa.es/titulosoficiales-desempleados-galicia

Para calquera dúbida ou asesoramento adicional, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co servizo de atención ao alumnado: