V Encontro Galego de Ciberseguridade

O V Encontro Galego de Ciberseguridade celebrarase os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura.

O Encontro acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega: dende Administracións Públicas, provedores de servizos, profesionais do sector e do tecido empresarial en xeral; ata familias, estudiantes, centros educativos e cidadáns en xeral.

Contará coa participación de recoñecidos profesionais, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.

O encontro é gratuíto e o prazo de inscrición está aberto. É preciso rexistrarse tanto para a modalidade en liña coma para a presencial.

Máis información:
https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/novas/xa-esta-aberto-o-prazo-de-inscricion-para-o-v-encontro-cibergal-que-se-celebrara-os-dias-5-6-e-7-de-novembro-na-cidade-da-cultura-de