A Universidade de Vigo ten aberta a convocatoria da VI edición do programa INCUVI-Consolida, unha iniciativa destinada a apoiar a consolidación de proxectos emprendedores viables impulsados por persoas recentemente tituladas na UVigo. O obxectivo é facilitar que os equipos promotores continúen madurando a súa idea, validen o modelo de negocio e analicen a demanda real no mercado.
Requisitos das persoas solicitantes
Poderán participar:
- Persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarios/as nas últimas tres edicións do programa INCUVI-Avanza, sempre co mesmo proxecto presentado nesa convocatoria.
- Nos proxectos en equipo, só é necesario que a persoa promotora (quen presenta a solicitude) participase en INCUVI-Avanza.
- No caso de equipos, deberase presentar a renuncia formal das persoas que non desexen continuar vinculadas ao proxecto.
- Os equipos poden ser de ata 4 persoas, incluíndo unha persoa coordinadora.
- As ideas deberán ser orixinais ou contar cos permisos de propiedade intelectual/industrial correspondentes.
- Non se pode presentar máis dun proxecto nin participar en varios equipos.
Solicitudes e documentación
A solicitude deberá cubrirse a través do formulario en liña
Unha vez completado, deberá descargarse e presentarse na sede electrónica da UVigo mediante a instancia SXER, indicando “Axudas INCUVI Consolida”.
Documentación obrigatoria a subir ao formulario en liña:
- Breve currículo de cada integrante do equipo (1 cara A4).
- Carta de interese/motivación da persoa promotora/coordinadora.
- Formulario de renuncia das persoas que deixen de formar parte do proxecto.
Prazo de presentación
O prazo estará aberto desde o día seguinte á publicación da convocatoria ata o 10 de decembro de 2025 ás 23:59 h (hora peninsular española).
Máis información
- Correo: bolsasformacion@uvigo.gal
- Teléfono: 986 814 094
- Web
- Taboleiro electrónico

