O Marisquiño, o festival de cultura urbana e deportes de acción que ten lugar cada verán en Vigo, confirma as datas da edición 2026 do 6 ao 9 de agosto. Tras conmemorar o pasado ano o seu 25 aniversario coa edición máis ambiciosa da súa historia, o festival prepara un novo capítulo no que mantén o formato de éxito en Samil e no centro da cidade.
O alcalde informou de que a nova edición de O Marisquiño contará cun completo programa con oito disciplinas deportivas no que competirán 1.500 riders profesionais e amateurs de máis de 30 países, entre os que se atopan algúns dos mellores do mundo. O festival volverá ser sede de probas puntuables para a World Cup Skateboarding e o circuíto FIBA 3×3.
Disciplinas deportivas 2026: Skate, BMX, Basket 3×3, todas elas olímpicas, Breaking, Flatland, Big Air, Freestyle Motocross e Mountain Bike.
Abel Caballero tamén puxo de manifesto que máis alá da competición, O Marisquiño continúa coa súa aposta pola programación musical e artístical. De venres a domingo, ás intervencións de arte urbana súmase unha ampla programación musical dedicada aos sons urbanos e á electrónica, con concertos, sesións de DJs e batallas de Freestyle rap en tres escenarios.

