Vigo Dance Festival

O alcalde presentou o Vigo Dance Festival, primeira edición do festival multidisciplinar de danza de Vigo, que nace “con vocación de permanecer para sempre” porque é un “proxecto pensado e estudado que queremos que dure anos”. Así, convidou a todos os grupos vigueses a participar no evento, que é de carácter gratuíto, e a “todo o mundo que lle guste a danza”.

Durante os días 24 e 25 de maio o Auditorio Mar de Vigo acollerá as escolas de baile, grupos de baile de asociacións veciñais e grupos profesionais de danza no Vigo Dance Festival, que se configura como unha alternativa de ocio, creativa e cultural para a mocidade. Sobre o escenario, unha mostra das diferentes disciplinas da danza, tal e como apuntou Caballero, que avanzou que o festival contará con outra edición no outono, previsiblemente os días 8 e 9 de novembro.

Na presentación celebrada hoxe no Concello estiveron presentes Nerea Suárez e Daniel Suárez, de Dance Academy; Cristina Rodríguez, da escola Media Punta; e María Lago, da escola New Era. Tamén a concelleira de Xuventude, María Lago, e Marta Díaz, a presidenta de Coreomagazine, asociación que promove a danza na cidade, que agradeceu o apoio municipal para desenvolver este programa que quere promover a danza na cidade así como “actitudes saudables e motivos para saír de casa e deixar as pantallas”. Amais destacou o carácter gratuíto do festival, o que permitirá que suban ao escenario grupos que nunca antes puideran bailar no Auditorio polo seu custo, e convidou a participar a tódalas escolas e grupos da urbe onde hai unha calidade de baile que “xa lle gustaría a moitas cidades”.

¡Vigo Dance Festival 2025! 💃🕺

¡Inscríbete e participa en el mayor evento de danza del año!

Vigo seguirá marcando a diferenza!

Obxectivos do festival

Vigo seguirá marcando a diferenza! Obxectivos do festival

  • Promover a arte e a cultura como motor de cambio social: o Consolidar Vigo como un referente na promoción de valores positivos a
    través da expresión artística.
  • Sensibilizar sobre os problemas actuais:
    o Sensibilizar á cidadanía sobre temas como a violencia de xénero e a
    adicción dixital, fomentando a reflexión colectiva a través da arte.
  • Ofrecer alternativas saudables e creativas para a socialización:
    o Promover a interacción social desde unha perspectiva enriquecedora e
    libre de hábitos nocivos.
  • Fomento do talento local e comunitario:
    o Proporcionar unha plataforma para que as asociacións veciñais, artistas e
    colectivos de danza exhiban o seu traballo, reforzando o tecido social e
    cultural da cidade.
    Principais actividades
  • Espectáculos de danza: Participación de compañías de baile, asociacións, clubs ou
    escolas locais.
    Impacto esperado
    O festival de danza multidisciplinar que organiza o Concello de Vigo Concellería de
    Xuventude, está pensado para xerar un impacto significativo tanto a nivel social como
    cultural. Os principais resultados esperados inclúen:
  • Fortalecemento da cohesión social: Promover a interacción e o intercambio entre
    comunidades diversas, fortalecendo os vínculos veciñais e fomentando o sentido
    de pertenza e unidade.
  • Facer visible o talento local e comunitario:Proporcionar unha plataforma para que
    as asociacións veciñais, os colectivos artísticos e os bailaríns emerxentes mostren
    o seu talento e creatividade ao público.
  • Reducir o illamento social: Proporcionar un espazo de interacción cara a cara,
    contrarrestando os efectos do illamento provocados polo uso excesivo das
    tecnoloxías dixitais e outros hábitos sedentarios.
  • Sensibilizar sobre cuestións clave: Sensibilizar sobre temas como a violencia de
    xénero e a adicción dixital, utilizando a danza como vehículo de reflexión e cambio
    social.
  • Promover o acceso á cultura: Democratizar a expresión artística proporcionando
    oportunidades para que grupos con recursos limitados participen activamente e
    presenten o seu traballo nun ámbito profesional.
  • Promover a identidade cultural de Vigo: Posicionar a cidade como un referente no
    fomento da danza e das artes escénicas, potenciando a súa proxección tanto a nivel
    nacional como internacional.
  • Crea recordos perdurables: Ofrecer unha experiencia inesquecible para
    participantes e asistentes, promovendo valores de respecto, traballo en equipo e
    paixón pola cultura.

PROGRAMA
O festival dividirase en dúas edicións, cada unha cunha temática propia e actividades
especiais:
Edición de primavera: 24 e 25 de maio
Edición de outono: 8 e 9 de novembro
Día 1

  • Mañá: DE 11:00 A 13:30
    o Exhibicións de danza a cargo de colexios e asociacións locais.
    o Sorteo de viaxes familiares ás Illas Cíes e entrega de medallas
  • Tarde: DE 16:00 A 19:30
    o Continuación das actuacións de baile de colexios e asociacións locais no
    Auditorio Mar de Vigo.
    o Sorteo de viaxes familiares ás Illas Cíes e entrega de medallas
    o Día de clausura 1: Despedida con todos os bailaríns e coreógrafos no
    escenario.
    Día 2
  • Mañá: DE 11:00 A 13:30
    o Novas exhibicións de baile de colexios e asociacións locais.
    o Sorteo de viaxes familiares ás Illas Cíes e entrega de medallas
  • Tarde: DE 16:00 A 19:30
    o Últimas actuacións de baile dos colexios e grupos locais.
    o Clausura do evento
    o Sorteo final de viaxes familiares ás Illas Cíes e entrega de premios.
    o Gran peche do festival: Todos os bailaríns e coreógrafos no escenario para
    unha despedida colectiva.