Esta iniciativa busca fomentar os intereses artísticos da mocidade da provincia, promover a creatividade como unha ferramenta de expresión persoal e ofrecer un ocio saudable e alternativo.
A actividade estará conformada por un total de catro obradoiros, dous de nivel iniciación e dous de nivel intermedio, que son os seguintes:
-Banda Deseñada desde Cero. O Meu Día a Día en Viñetas
-Obradoiro de Creación de Personaxes
-Como Se Fai un Manga?
-Como Contar Historias: a Composición Visual na Banda Deseñada
Persoas destinatarias: mozas e mozos de 12 a 18 anos residentes na provincia.
Gratuítos, con prazas limitadas (de 8 a 15 persoas por obradoiro).
Materiais: cada participante deberá levar papel, lapis, goma, bolígrafos e rotuladores.
Inscricións: formulario.
Máis información:
https://www.depo.gal/obradoiros-xuventude-en-vinetas

