XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro convoca a XXXVIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2025, co obxectivo de recoñecer e difundir a creación poética en lingua galega.

Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que non resultasen premiadas nalgunha das cinco edicións anteriores. O certame conta cunha dotación económica de 2.500 euros e a publicación da obra gañadora, baixo o auspicio do Concello de Dodro, no ano seguinte ao ditame do xurado.

As obras deberán ser orixinais, inéditas, escritas en galego e cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800 versos. O tema e a forma serán libres, e cada participante poderá presentar un único poemario.

A presentación de candidaturas realizarase en formato dixital (lápis de memoria ou CD), acompañado dunha plica pechada, e deberá enviarse por correo postal a:

XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro – A Coruña

📅 Prazo de presentación: desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ata o 20 de outubro de 2025.

O xurado estará composto por cinco membros: o alcalde como presidente, o concelleiro de Cultura e Patrimonio como secretario (ambos sen voto), e tres vogais de recoñecida traxectoria na poesía e na crítica literaria. A súa deliberación será secreta e o fallo inapelable, podendo declararse deserto o premio.

Consulta as bases completas na Base de Datos Nacional de Subvencións:
👉 BDNS Identif.: 855694

BOP CORUÑA