Axudas Programa Primeira Experiencia profesional mocidade

A Consellería de Empego, Comercio e Emigración convoca as axudas do programa de primeira experiencia profesional co que estima beneficiar unhas 650 persoas mozas menores de 30 anos por parte de empresas, persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e comunidades de bens.

Inclúe dúas liñas de axudas, unha para a contratación de mozas e mozos con titulación e outra para os que non dispoñen de cualificación acreditable, ambas modalidades a tempo completo e por un período de doce meses.
En ambos casos, os contratos formativos que se concerten deben ir dirixidos a menores de 30 anos que residan en Galicia e que se atopen en situación de desemprego e con inscrición no Servizo Público de Emprego.

Facilitaráselles un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego abrindo camiño á súa inserción laboral xa que, unha vez rematado o proceso, contarán coas competencias para poder acceder a un emprego estable.

As empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde o martes 27 de maio ata o 30 de setembro de 2025.

Máis información:
https://conselleriaemprego.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250520/AnuncioG0767-060525-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR353C&ano=2025&numPubAno=1&lang=gl