Programa formativo Prevención e erradicación da violencia contra as mulleres

Unión Profesional e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade presentan a terceira edición do Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres, unha iniciativa caracterizada pola súa gratuidade e formato en liña, cuxo obxectivo é dotar á comunidade profesional de todas aquelas ferramentas necesarias para garantir a prevención da violencia de xénero.

O Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres consta de cinco formacións: dúas formacións xerais —unha enfocada á prevención do acoso en contornas profesionais, e outra dirixida á sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres—; e tres formacións específicas que abarcan as áreas sanitaria, xurídica e social.

Cinco cursos certificados, de 20 horas cada un, que poderán realizarse do 12 de novembro do 2025 ao 12 de maio do 2026.

As cinco formacións son as seguintes:
-Sensibilización para a prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
-Prevención e actuación ante o acoso, a discriminación e a violencia contra as mulleres na contorna laboral e profesional.
-Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sanitarias.
-Prevención das violencias contra as mulleres en contornas xurídicas.
-Prevención das violencias contra as mulleres en contornas sociais.

Máis información:
https://www.igualdad.gob.es/