61ª edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia

Abel Caballero presentou, cos edís Ángel Rivas e María Lago, a 61ª edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia, que se celebrará os días 7 e 8 de marzo na Porta do Sol.

Unha gran carpa acollerá a cita dedicada a poñer en valor a camelia e a tradición botánica vencellada a esta flor. O alcalde indicou que a presidenta de honra do concurso-exposición é Súa Maxestade a Raíña Letizia.

Premios

O concurso outorgará dezanove premios, entre eles o Premio Concello de Vigo, que distinguirá a mellor presentación artística relacionada coa cidade. A carpa contará tamén con actividades musicais e obradoiros.

Ademais, como novidade, estableceuse o espazo chamado Xardín Sireno. Do mesmo xeito, o cruce coa Rúa Príncipe conta con paneis informativos con curiosidades sobre a Camelia, a súa cultura e personalidades relacionadas.