Se tes entre 18 e 40 anos e estás pensando en iniciar a túa propia explotación agraria ou modernizar a que xa tes, está aberto o prazo das axudas dirixidas a impulsar o relevo xeracional e a modernización do sector agrario.
Que buscan estas axudas?
✅ Favorecer a creación de novas explotacións viables lideradas por xente moza.
✅ Mellorar a competitividade e modernizar as explotacións existentes mediante investimentos en maquinaria ou instalacións.
Principais contías:
💰 Incorporación: axudas entre 30.000 € e 70.000 €.
🏗 Modernización: subvencións de ata o 65 % do investimento, cun máximo de 250.000 € por persoa beneficiaria.
📅 Prazo de solicitudes ata o 9 de abril de 2026.
🔗 Máis información nas seguintes ligazóns:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260309/AnuncioG0426-260226-…
📞 Para dúbidas técnicas pódese contactar coa Oficina Next da Deputación nos teléfonos 881 045 900 ou 617 675 400.

