Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, nas que se colabora de maneira desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiente, arqueoloxía, arte e cultura, etnografía…).
Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:
1ª CONVOCATORIA. Prazo de solicitude do 16 ó 29 e abril. Durante os 3 primeiros días desta convocatoria, cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, entre os que se lle asignará un deles, de ser o caso. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
2ª CONVOCATORIA. Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web de Xuventude para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 16/04/2026 ata o 29/04/2026
2ª convocatoria: ata 3 días antes do inicio do campo.
Duración:
Entre 1 e 2 semanas nos meses de xullo, agosto e setembro de 2026.
Prezo:
110 € euros. As persoas posuidoras do Carné xove, título de familia numerosa, familia acolledora ou familia monoparental: 82,50 €.
Inclúe os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das actividades propias e de lecer ademais dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade que correrán a cargo da persoa voluntaria.
Requisitos:
Mozos e mozas residentes en Galicia.
É requisito ter cumpridos os 18 anos a data de inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
Páxina web:
xuventude.xunta.gal
Contacto:
Dirección Xeral de Xuventude
Telf. 881 999 025 – 981 540 122 – 981 545 293 – 881 999 314
Correo-e: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
2026-04-23

