250 prazas destinadas a persoas con discapacidade para participar en estadías socializadoras e de convivencia durante un periodo de 10 días no Albergue Xuvenil de Gandarío, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
Requisitos:
Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos (ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate)
Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita
Páxina web:
http://politicasocial.xunta.gal
Contacto:
– Consellería de Política Social e Igualdade.Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Avda. Fernando de Casas Novas, 35 (15781 – Santiago de Compostela)
Tel.: 981 547 399 – 981 544 640
correo-e: programas.discapacidade@xunta.gal
Documentos:
folleto .pdf (2 MB)
SOLICITUDE: deberán de utilizarse os modelos oficiais de solicitude e de informe médico accesibles na web https://politicasocial.xunta.gal e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procededemento PR004A). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
QUENDAS OFERTADAS:
de 11 a 14 anos: do 13 ao 22 de xullo: Carballiño “Aventura na natureza”
do 22 ao 31 de agosto: Gandarío “Natureza xunto ao mar”
de 15 a 18 anos: do 22 ao 31 de agosto: Gandarío “Natureza xunto ao mar”
do 3 ao 12 de setembro: Panxón “Natureza xunto ao mar”
de 19 a 25 anos: do 3 ao 12 de xullo: Panxón “Natureza xunto ao mar”
do 13 ao 22 de xullo: Carballiño “Aventura na natureza”
do 8 ao 17 de agosto: Gandarío “Natureza xunto ao mar”
do 3 ao 12 de setembro: Gandarío “Natureza xunto ao mar”
de 26 a 50 anos: do 3 ao 12 de xullo: Panxón “Natureza xunto ao mar”
do 3 ao 12 de xullo: Carballiño “Aventura na natureza”
do 8 ao 17 de agosto: Gandarío “Natureza xunto ao mar”
do 3 ao 12 de setembro: Panxón “Natureza xunto ao mar”
do 3 ao 12 de setembro: Carballiño “Aventura na natureza”
do 3 ao 12 de setembro: Gandarío “Natureza xunto ao mar”

