A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 27 con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ.
Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase a dous miradoiros emblemáticos: o Alto de San Antoniño (Gondomar) e o Alto de Monte Tetón (Tomiño). Tamén é destacado o Ecoparque xeolóxico de Monte Tetón
RUTA 4 – MIRADOIROS DE GONDOMAR-TOMIÑO (3/5/26)
Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos ao Alto de San Antoniño, onde atoparemos o miradoiro cara o Val do Miñor. Logo dirixirémonos ao Alto de Monte Tetón, con vistas cara Serra de Argallo e a Serra do Groba. Para rematar pasaremos polo Ecoparque arqueolóxico de Monte Tetón, particularmente polo famoso petroglifo de As Portaxes.
Cómpre advertir que haberá dous percorridos: un longo de 11,4 km -arranca dende o aparcamento do Monte Aloia- e un curto de 6,8 km -arranca dende San Antoniño-.
IMPORTANTE LEVAR BASTÓNS dada a importante desnivel do percorrido.
Inscrición gratuíta
– Dende luns 27 de abril, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
– Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o martes a partir das 15 horas (por ser o venres festivo). Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.
– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do xoves as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Datos do percorrido
✔ Domingo 3 de maio
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 14:00-14:30 (aprox)
🏃 Percorrido longo: 11,4 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)
🏃 Percorrido curto: 6,8 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta.
🗾 Trazado e alzado percorrido curto (azul) e longo (vermello+azul):

Alzado percorrido curto:

Alzado percorrido longo:


