Roteiro polos miradoiros de A Caniza

 A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 18 de maio con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ

Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase á Caniza, con visión en redondo dende o Alto do Paradanta. Toda unha experiencia que ademáis coincide coa Romaría das Pascuillas, peregrinación procedente de máis de 60 parroquias da comarca.

RUTA 7 – MIRADOIROS DE A CANIZA (24/5/26). DÍA COMPLETO

Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos á Cañiza con vistas a toda a comarca do Condado-Paradanta.

Cómpre advertir que será unha xornada de día completo e haberá un único percorrido de 16,4 km, con posibilidade de acortar para algún grupo en caso de necesidade.

IMPORTANTE: LEVAR XANTAR, AUGA SUFICIENTE E BASTÓNS dado o desnivel tanto de subida como de baixada (ver alzado do percorrido abaixo)

Inscrición gratuíta

– Dende luns 18 de maio, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. 

Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o martes a partir das 15 horas (por ser o venres festivo). Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do xoves as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Datos do percorrido

Domingo 24 de maio, día completo

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 19:00 (aprox)

🏃 Percorrido longo: 16,4 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e a comida de todo o día.