Salón Atlántico do Caravaning

O Salón Atlántico do Caravaning é un monográfico da Autocaravana, Caravana, Camper e Turismo de Camping que agrupa nunha mesma experiencia a maior exposición en Galicia de produtos, servizos e institucións coas mellores ofertas comerciais.
Un lugar de paso obrigado para os amantes das viaxes e a natureza que apostan por outra forma de vivir.

CONTIDO
Oportunidades: 400 ofertas en rotación con Prezos e Condicións Especiais.
Vehículos: Autocaravanas, Caravanas, Camper, Urban Vans e Overland 4X4.
Tipo: Vehículo Novo, Ocasión, Seminovo e Quilómetro 0.
Complementos: Avances, Equipamento Interior, Remolques, Módulos, Transformación, etc.
Acampada: Camping, Glamping, Tendas, Módulos, Outdoor, Mobiliario.
Servizos: Financiamento, Seguros, Axencias, Asociacións, etc.

DETALLES
Datas: Do 28 ao 31 de maio de 2026.
Horario: Xoves, Venres e Sábado, de 11:00 a 20:00 h. Domingo, de 11:00 a 18:00 h.
Entrada Online: TaquillaMotor.com
Prezo Entrada: 6 €/día | Abono Completo: 15 €.
Nenos ata 12 anos: DE BALDE (GRATIS).
Mascotas: Admítense con correa.