O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral a mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego.
🎓 Benvido/a ao Programa de Talento Xove da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa en colaboración co Concello de Vigo
A túa formación é só o comezo; o teu potencial é o motor do cambio. 🚀
Estamos aquí para transformar as túas ganas en resultados e axudarche a acceder con confianza ao mercado laboral actual.
A formación se impartirá na Casa da Xuventude. As datas se establecerán cando se definan os grupos de solictantes.
💡 Que faremos por ti?
🔹 Potenciamos os teus puntos fortes.
🔹 Adquires competencias mediante formación habilitante.
🔹 Conectámoste con empresas para facilitar a túa inserción laboral.
📚 As actividades que ofrecemos:
🎨 Curso de monitor de tempo libre.
🛸 Curso básico de piloto de drones.
🚁 Curso avanzado de piloto de drones.
🚗 Rotulación e personalización profesional de vehículos.
📢 Programa subvencionado. Prazas limitadas!
Se estás interesado/a, completa o formulario de inscrición e poñerémonos en contacto contigo para comezar.
📝 Formulario de inscrición:
https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=bOSWq7PazEqUiQVAbQCLx0fSMAuM1qVCqRPF6-Ls_NlUN08yS1hSNVY1SFZZOTFPTjFFMDZZTFJLNC4u&route=shorturl
📱 WhatsApp: 617 824 702
👉 Inscríbete agora e dá o primeiro paso cara ao teu futuro profesional!


