Son & Mar Vigo é un novo ciclo musical que converterá o peirao de Transatlánticos nun gran escenario ao aire libre entre o 4 e o 13 de setembro. A programación estrutúrase en seis xornadas temáticas, cada unha cunha identidade propia: Nacidos para Bailar (4 de setembro), dedicada á música disco; Aquellos Maravillosos 90 (5 de setembro), cun percorrido polos grandes éxitos do pop e rock dos anos 90; El Campus (10 de setembro), dirixida ao público universitario; A Movida Viguesa (12 de setembro), unha homenaxe ao movemento musical que marcou a identidade cultural da cidade nos anos 80 e que reunirá a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned At Pompeii.
Tamén hai outras dúas citas con identidade propia como Lingua Urbana con Hard GZ (11 de setembro) e Orballo Cultural (13 de setembro), unha xornada dedicada á música de raíz galega.

