Curso de prevención de riscos laborais en Actividades de tempo libre

Modalidade: Teleformación.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico.

Nº de prazas: 100
Horas lectivas: 60 
Modalidade: Teleformación 
Datas de realización do curso 22.9.2026 / 20.11.2026 
Data do exame final: 20.11.2026, ás 10.00 horas

Destinatarios.
Poderán participar nesta actividade formativa o persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.

Solicitudes e prazos:

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 4 de setembro de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula (Código do curso CV26110) desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes consideraranse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas. Terán prioridade aquelas persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre e as que teñan o carné xove vixente (deberán achegar a documentación que o acredite a través do enderezo issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso para o persoal empregado público.

Máis información: DOG DE 21/08/2026