nformación para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2026/27.
PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA
1_Alumnado de novo acceso:
-O alumnado de novo acceso terá que realizar unha preinscrición e, de obter praza, nunha segunda fase do proceso deberá formalizar a matrícula nos prazos correspondentes.
-Prazo e ligazón de preinscrición: A preinscrición realizarase en liña desde o 15 de xuño ata as 23.59 horas do 6 de xullo de 2026. A ligazón para realizala é https://www.eoidigital.com/preinsxunta
–Matrícula do alumnado preinscrito: O alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición deberá matricularse entre o 9 e o 20 de xullo de 2026. A aplicación de matrícula pechará o día 20 de xullo, ás 23.59 horas. A ligazón para formalizar a matrícula será a mesma da preinscrición.
-A matrícula de español para estranxeiros permanecerá aberta ao longo do curso académico. Esta excepcionalidade non suporá ningún desconto nos prezos públicos e estará suxeita á dispoñibilidade de prazas.
2_Alumnado oficial no curso 2025/26.
A matrícula realizarase en liña desde a ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta.
-Matrícula ordinaria: para o alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2026/27 e resulte apto na convocatoria ordinaria de probas, do 8 de xuño ata as 23.59 horas do 19 de xuño de 2026,
-Matrícula extraordinaria: O alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria de probas deberá matricularse entre o 26 de xuño e as 23.59 horas do 6 de xullo de 2026.
ACCESO DIRECTO A NIVEIS SUPERIORES AO NIVEL BÁSICO A1
Poderase acceder directamente a un curso dun nivel superior ao A1 a través das seguintes vías:
1- Acceso por titulación, diploma ou certificado.
As titulacións, diplomas ou certificados acreditativos de ter competencia nun idioma darán acceso ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado. Do mesmo xeito, será de aplicación o establecido na táboa de certificados recoñecidos pola ACLES (Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior).
As persoas que acrediten o título de bacharelato e superasen a 1ª lingua estranxeira terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 desa lingua. Así mesmo, as persoas que acrediten o título da ESO e superasen a 1ª lingua estranxeira terán acceso ao nivel básico
A2 desa lingua.
2- Acceso por probas de clasificación.
As probas de clasificación teñen por obxecto facilitarlle a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma ao alumnado que dispoña de coñecementos previos desa lingua e non poida acreditalos.
Terán dereito a realizar as probas de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Máis información: DOG DE 29/05/2026

