O alcalde informou da posta en marcha dos campamentos dixitais que se desenvolverán en cooperación co Goberno de España. Trátase dunha actividade gratuíta de educación dixital e creativa para infancia e adolescencia, que se impartirá no Centro de Formación de Rúa Alta. O obxectivo é fomentar o uso seguro, saudable e creativo da tecnoloxía nun espazo lúdico e educativo adaptado ás diferentes idades.
Tal e como apuntou Caballero, os contidos van desde a creatividade ou o uso responsable das tecnoloxías ata a robótica, a realidade virtual, a impresión 3D, os xogos cooperativos e as dinámicas de educación emocional e dixital.
Haberá 48 prazas para nenas e nenos de entre 6 e 17 anos, repartidas en 4 campamentos de 12 prazas cada un:
– Grupo 1, do 22 ao 26 de xuño. Idades entre 6 a 11 anos
– Grupo 2, do 29 de xuño ao 3 de xullo, para idades de 6 a 11 anos
– Grupo 3, do 6 ao 10 de xullo, para idades de 12 a 17 anos
– Grupo 4, do 13 ao 17 de xullo, de 6 a 11 anos
As inscricións deben facerse na web da Fundación Esplai (https://fundacionesplai.org/inscripciones-crtlplay-concello-de-vigo/) e toda a información está dispoñible no teléfono de información municipal 010.

