Modalidades de FP con prazas vacantes

O prazo de matrícula en ofertas de formación profesional con prazas dispoñibles estará aberto de forma continuada ata o día 4 de setembro ás 13:00 horas.

Para matricularse en prazas liberadas a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o ciclo ou curso de especialización correspondente. 

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo ou curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.

Modalidades de FP con prazas vacantes:

  • Ciclos de FP dual intensiva.
  • Formación acelerada.
  • Cursos de especialización.
  • Ciclos formativos de grao básico.
  • Oferta ordinaria de FP:
  • Ciclos formativos de grao medio con prazas vacantes
  • Ciclos formativos de grao superior con prazas vacantes
  • Oferta modular de FP:
    • Módulos de grao medio en Modalidade presencial.
    • Módulos de grao superior en Modalidade presencial.
    • Módulos de grao medio en Modalidade distancia,
    • Módulos de grao superior en Modalidade distancia.

Maís información en EDU.XUNTA.GAL/FP