Educación de Persoas Adultas

Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes: 
a) Niveis I e II da etapa das ensinanzas iniciais: modalidades presencial e semipresencial. 
b) Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresen­cial e a distancia. 
c) Bacharelato nas modalidades presencial e a distancia (semipresencial e telemática).
d) Castelán e galego para inmigrantes.
e) Aula Mentor. 
f) Outras actividades de carácter non regrado. 

Requisitos de idade 
1. Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maio­res de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2026, e aquelas que cursasen ensinanzas para persoas adultas en cursos anteriores. 
2. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre na educación se­cundaria para persoas adultas, deberán facer os dezaoito anos en 2027.

3. Tamén se poderán matricular aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2026, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto rendemento. 

1.ENSINANZAS INICIAIS 

Matrícula: 
O día 1 de setembro de 2026 abrirase o prazo de matriculación para as ensinanzas iniciais de persoas adultas, que permanecerá aberto durante todo o curso. 

2.EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESPA) 

Calendario de matriculación na modalidade presencial: 
A matrícula en calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas na modalidade presencial realizarase nos seguintes prazos: 

• Entre o 1 e o 8 de setembro de 2026 para primeiro cuadrimestre. 
• Entre o 8 e o 15 de xaneiro de 2027 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre. 

Calendario de matriculación nas modalidades semipresencial e a distancia: 
A matrícula en calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia realizarase nos seguintes prazos: 


3.BACHARELATO

Lugar e prazo de matrícula: 

1. Abrirase o prazo de matrícula do 1 ao 21 de setembro de 2026.

 2. O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro de 2027 poderá realizar a matrícula do 15 ao 26 dese mesmo mes.

 3. No bacharelato a distancia, a Dirección do centro poderá autorizar ata o 23 de abril de 2027 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:

 a) Cando a alumna ou o alumno acredite documentalmente un cambio na súa situación
laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.
 b) En caso de enfermidade prolongada acreditada.
 c) Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través
da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.

4. O alumnado que desexe cursar o bacharelato a distancia telemática solicitará a matrícula a través da plataforma en liña https://matricula.iessanclemente.net habilitada para estes efectos.

4.ENSINANZAS NON REGRADAS

Matrícula nas ensinanzas de adultos de carácter non regrado: 
Os centros autorizados a impartilas establecerán, na primeira semana de setembro de cada curso escolar, o calendario de actividades que se van impartir, así como o prazo de matrícula. Este prazo iniciarase, como mínimo, dez días antes do inicio das actividades.

5.AULA MENTOR

O programa de Aula Mentor é un sistema de formación aberto, libre e a distancia a través da internet que se organiza nos centros EPA e IES autorizados mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e o Centro Nacional de Información e Comunicación do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

A matrícula estará aberta durante todo o curso escolar e suspenderase no mes de agosto.

A atención do alumnado realízase a través do profesorado-titor telemático e un administrador/a presencial que orientará e axudará o alumnado na elección do curso e na utilización do soporte técnico para contactar co profesor-titor.

No momento da inscrición, o alumnado aboará o custo do curso por un período de 60 días naturais. O custo do curso será fixado anualmente polo Ministerio de Educación,  Formación Profesional e Deportes en concepto de matrícula e acción titorial. O ritmo de aprendizaxe do alumnado e as características do curso condicionarán a duración deste. No caso de ser necesario ampliar a inscrición inicial, o dito custo renovarase para cada novo período de 30 días naturais.

Cando finalice o curso e supere a proba final presencial realizada na aula, o alumnado obterá a certificación da actividade realizada.

Para mellorar a cualificación profesional das persoas que realicen e superen un curso de Aula Mentor e favorecer a súa inserción laboral, este alumnado poderá realizar con carácter voluntario prácticas laborais en empresas baixo as especificacións seguintes:
 
a) As prácticas laborais en centros de traballo realizaranse despois de que o alumnado obteña a avaliación positiva no curso correspondente de Aula Mentor.

b) Estas prácticas terán unha duración máxima de cen horas. A xornada de prácticas será, como máximo, de cinco horas diarias e deberá axustarse ao horario do centro de traballo onde se realicen.  

Máis información: DOG DE 17/06/2026