Axudas a vivendas baleiras para alugueiro a prezo taxado en Vigo

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases que regularán a concesión de subvencións para fomentar a posta a disposición da cidadanía de vivendas baleiras existentes no termo municipal do Concello de Vigo, con destino ao alugamento a prezo taxado co fin de reducir o problema de acceso a unha vivenda digna no termo municipal. Para acadar este obxectivo, o Concello de Vigo crea un programa de mobilización de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación ao mercado de alugueiro de prezo taxado para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda. Neste programa se promove a concesión de subvencións á rehabilitación de vivendas, á elaboración de Certificados de Eficiencia Enerxética do estado actual do inmoble ou á contratación de seguros que cubran a falta de pagamento e multirriscos para vivendas baleiras que se destinen a alugueiro de prezo taxado.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA