Axudas para actividades culturais de entidades sen fins de lucro

Subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos culturais, certames e intercambios que fomenten o patrimonio da provincia de Pontevedra.

Requisitos

  • Ser unha entidade cultural sen fins de lucro.
  • Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias (AEAT, ATRIGA e Seguridade Social) e coa Deputación.
  • Non ter pendente de xustificar axudas culturais do exercicio anterior.
  • Desenvolver actividades entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Solicitudes

As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra, utilizando o formulario normalizado e os sistemas de identificación admitidos (Cl@ve, DNIe ou certificado electrónico).

Máis información