Bolsas en cooperativas

Na Unión de Cooperativas EspazoCoop inician o proceso de selección de persoas Bolseiras para participar nas Estadías en Cooperativas, no marco do Programa Apoio á función xerencial en Cooperativas – Creando Mellora, na súa 11 edición do ano 2023.

A convocatoria está dirixida preferentemente a mulleres en desemprego ata 30 anos con estudos na área empresarial.

Convócanse 4 Bolsas para as localidades de Vigo, O Carballiño, e A Coruña e Cesures, que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 6 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €.

A previsión da duración da Estadía é de do 13 de marzo ao 11 de setembro de 2023 a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo teórico-práctico que vai paralelo á Estadía.

As candidatas pre-seleccionadas terán que realizar un curso de formación cooperativa semi-presencial, previsto do 27 de febreiro ao 6 de marzo de 20 h. (con dúas sesións presenciais en Santiago o 28 de febreiro e o 3 de marzo).

A Estadía en Prácticas ten por obxetivo analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa Bolseira e a Cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa Cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas.

Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop
986 866 149
roberto@espazo.coop
de luns a venres de 9-14 h.