Bolsas no centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.

Dotación: 

A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.

Duración: 

A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2025 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2027.

Requisitos: 

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto 

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.

Prazo: 

 O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis información: DOG