O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos, ludotecas ou outros servizos autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Prazo de solicitude do 8 de setembro ao 7 de outubro.