Bono Concilia Familia

O Bono Concilia Familia é unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais de conciliación que teñen as familias. Con el contribúese ao pago de servizos puntuais de atención a nenas e nenos menores de 13 anos, sexa a domicilio ou por asistir a un servizo de conciliación autorizado pola Consellería de Política Social e Xuventude (ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia). Tamén atende a asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación nos períodos de vacacións escolares.

+Info: XUNTA DE GALICIA