Descontos para viaxar por España e por Europa

O Goberno de España aplicará descontos á mocidade española ou con residencia legal en España de entre 18 e 30 anos.
As bonificacións aplícanse a billetes sinxelos e de ida e volta para viaxar por España e Europa entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2024.

Así, as persoas con nacionalidade española ou con residencia legal en España, nacidas entre 1994 e 2006, poderán beneficiarse das rebaixas dos billetes sinxelos ou de ida e volta de autobús e tren para viaxar entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2024.

As rebaixas quedan así:

– Desconto do 90% para servizos de autobús regular de competencia estatal.
– Desconto do 90% nos servizos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico.
– Desconto do 50% nos títulos sinxelos de Avant.
– Desconto do 50%, cun máximo de 30 euros por billete, para servizos comerciais de longa distancia ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios.
– Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. A rebaixa aplícase sobre as tarifas oficiais de Interrail, coas súas características de prezo segundo idade etc.

Para optar aos descontos, os potenciais beneficiarios terán que rexistrarse nunha web que habilitará o Ministerio nos próximos días co seu DNI ou NIE. Se se cumpren os requisitos do programa, unha vez rexistrado, os beneficiarios recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir o pase Interrail e os billetes de tren e autobús rebaixados nas webs dos respectivos operadores.

https://www.transportes.gob.es/el-ministerio/sala-de-prensa/noticias/mar-04062024-1547