Premios Innovagal 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:

Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.

Máis información:
Resolución do 2 de abril de 2024