Premios Nacionais de Cultura 2026

O Ministerio de Cultura publicou no Boletín Oficial do Estado a convocatoria de 16 Premios Nacionais de Cultura correspondentes a 2026, destinados a recoñecer a excelencia na creación literaria, editorial e cultural en España. 

Obxectivo da convocatoria

  • Estes galardóns buscan recoñecer o labor creativo e profesional no ámbito cultural, así como destacar obras e traxectorias publicadas ou desenvolvidas durante o ano anterior á convocatoria. 

Premios convocados
Entre os galardóns convocados figuran:

  • Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural
  • Premio Nacional á Mellor Tradución
  • Premio Nacional á Obra dun Tradutor
  • Premio Nacional ao Fomento da Lectura (modalidades de fomento da lectura e fomento da lectura nos medios de comunicación)
  • Premio Nacional de Historia de España
  • Premio Nacional de Ilustración
  • Premio Nacional das Letras Españolas
  • Premio Nacional de Literatura nas modalidades de:
    • Ensayo
    • Literatura Dramática
    • Literatura Infantil e Xuvenil
    • Narrativa
    • Poesía
    • Poesía Nova “Miguel Hernández”
  • Premio Nacional de Xornalismo Cultural
  • Premio Nacional do Cómic. 

Dotación

  • A maioría destes premios contan cunha dotación económica de 30.000 euros, destinada a recoñecer o traballo das persoas ou entidades premiadas. 

Participación

  • As candidaturas poden ser presentadas por membros dos xurados ou por entidades culturais e profesionais vinculadas aos diferentes ámbitos artísticos e literarios

Finalidade

  • Os Premios Nacionais constitúen un dos principais recoñecementos públicos da cultura en España e teñen como finalidade promover a creación, a lectura e a difusión das artes e das letras.

BOE