O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca o programa de avales destinado a facilitar a compra da primeira vivenda financiando ata o 20 % do seu prezo.
Requisitos
- Idade: Ser maior de idade e ter menos de 36 anos. No caso de vivendas protexidas, non se aplica límite de idade.
- Nacionalidade: Ter nacionalidade española, dun estado membro da UE ou autorización de residencia en vigor.
- Residencia: Estar empadroado/a en Galicia.
- Ingresos: Ter uns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e máximos de 5,5 veces (o máximo elévase a 6,5 veces o IPREM se a compra se realiza entre varias persoas).
- Condición de adquirente: Debe tratarse da adquisición da primeira vivenda en propiedade.
- Financiamento: Contar cun crédito hipotecario que cubra polo menos o 80 % do prezo.
- Prezo máximo da vivenda: Dependendo do concello, o prezo non pode superar os 260.000 €, 210.000 € ou 180.000 €.
Prazos
O prazo de presentación comeza aos cinco días hábiles da publicación da resolución no DOG e finalizará o 30 de outubro de 2026, agás que se esgote antes o crédito orzamentario (5 millóns de euros).
Solicitudes
A presentación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (procedemento VI402B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
- Bases e convocatoria (DOG): Ligazón ao Diario Oficial de Galicia
- Sede Electrónica: Trámite VI402B
- Entidades financeiras: O IGVS publicará na súa web oficial a listaxe de bancos adheridos ao convenio.

