Contido:

A formación complementaria de educadoras e educadores sociais é moi importante para mellorar a súa empregabilidade e o seu quefacer profesional. Sabemos que hai moitas e moitos profesionais que están realizando o seu exercicio profesional ou con ampla experiencia nalgún eido que poderían ser unhas/uns grandes formadoras/es para outras educadoras e educadores sociais.

Ler máis...

Contido:

Cruz Vermella convoca a 9ª edición nacional dos Premios Boas Prácticas na inclusión social nas seguintes modalidades para a edición do ano 2012:"A inclusión de persoas maiores e o envellecemento saudable", "A e-inclusión e as persoas maiores", "A inclusión social e o envellecemento activo e proactivo" e "a inclusión social das persoas maiores a través de proxectos de fomento da solidad intergeneracional".

Ler máis...

Contido:

O obxecto é regular axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2011-2012, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidadedos seus estudos.

Ler máis...

Contido:

A Deputación de Ourense convoca 10 bolsas individuais, para cidadáns residentes no exterior, para cursar estudos universitarios de primeiro curso de master oficial, en matrícula ordinaria, nas diferentes titulacións de posgrao presenciais que se imparten no Campus de Ourense da Universidade de Vigo e terceiro de grao para cursar estudos no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Ler máis...

 Contido: Convocatoria dunha praza de bolseira de turismo para os meses de xuño a setembro no Concello de Mos.

 As bases da convocatoria estarán expostas no taboleiro do Concello de Mos e no BOP do martes 25 de outubro de 2011.

Ler máis...

Contido: Convocatoria de dúas bolsas para as oficinas de turismo do Concello de Sanxenxo na tempada de verán no ano 2012.

 A duración das bolsas será dende o 1 de xuño de 2012 ata o 31 de outubro de 2012 (5 meses).

 A xornada laboral será de 40 horas semanais de luns a domingo cos descansos que lle corresponde por lei.

 O importe bruto mensual da bolsa será de 1296 euros brutos mensuais por tódolos conceptos.

Ler máis...

Contido: A Fundación Universidade-Empresa convoca 30 bolsas, a través do seu programa Start, para realizar prácticas en BP Oil España durante os próximos meses de xullo, agosto e setembro.

Ler máis...

Contido:

Convocar axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), en réxime de concorrencia non competitiva, nas seguintes modalidades: 1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.

Ler máis...

 Contido: Orde do 04 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

Ler máis...