Imprimir PDF

Sala de Exposicións

salaexp01

Sala situada no primeiro andar da Casa da Xuventude, pensada para o colectivo da mocidade do municipio de Vigo, para exposicións temporais de calquera modalidade artística.

A quen está dirixido

Para calquera persoa ou colectivo interesado, con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.

Como Facelo

Por Internet

Cubrirase o formulario anexo e remitirase a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo á atención de Sala de exposicións. Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.

Presencialmente

Por correo

Cubrirase o formulario anexo e remitirase a Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.

Prazos

Daremos una resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude. Documentación requirida Solicitude da Sala de Exposicións da Casa da Xuventude. Se existe, documentación gráfica da obra.

Observacións

A Casa da Xuventude asume a publicidade das exposicións e a súa difusión nos diferentes medios de comunicación. Non se esixe currículum artístico aínda que se valorará. Non se pode vender obra. O transporte e a montaxe da exposición deberá ser asumida polo/a interesado/a.

Programa de exposicións

Preme no enlace e poderás ver as vindeiras exposicións tanto da Casas da Xuventude como do Punto Xove