Axudas a vivendas baleiras para alugueiro a prezo taxado do Concello de Vigo

O Concello de Vigo realiza esta convocatoria que ten por obxecto establecer as bases que regularán a concesión de subvencións para fomentar a posta a disposición da cidadanía de vivendas baleiras existentes no termo municipal do Concello de Vigo, con destino ao alugamento a prezo taxado co fin de reducir o problema de acceso a unha vivenda digna no termo municipal.

Para acadar este obxectivo, o Concello de Vigo creou un programa de mobilización de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación ao mercado de alugueiro de prezo taxado para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda para o ano 2025 e para dar continuidade a dito programa amplíase ás anualidades 2026 e 2027, con algunhas modificacións que melloran as condicións das axudas co fin de chegar a máis posibles solicitantes, logo dun ano de experiencia.

Neste programa se promove a concesión de subvencións á rehabilitación de vivendas, á elaboración de Certificados de Eficiencia Enerxética do estado actual do inmoble ou á contratación de seguros que cubran a falta de pagamento e multirriscos para vivendas baleiras que se destinen a alugueiro de prezo taxado.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA