¿Tes Unha banda local e queres ensaiar en Vigosónico?
Se na túa banda, máis da metade dos/as integrantes están empadroados/as ou matriculados/as nun centro educativo de Vigo, esto pode interesarte:Solicita agora a túa praza para ensaiar dúas horas semanais do 1 de decembro ao 28 de febreiro.
Dispoñemos de 5 salas equipadas:
– 2 micrófonos
– 2 P.A,s
– 1 mesa multicanal- 2 amplificadores de guitarra
– 1 amplificador de baixo
– 1 batería completa
E unha cabina (1) con PA, micrófono e mesa multicanal (aforo 1-3 persoas)
Material adicional que se pode solicitar: un pé de teclado, 1 pé de batería adicional (sen prato), 1 atril, ou 1 micro extra.
De martes a domingo, quendas de dúas horas (17h-19h e de 19:15h-21:15h)
Para baremar teremos en conta: orde de inscrición, bandas novas, número de integrantes menores de 35 anos, número de integrantes empadroados/as en Vigo.
IG @vgosonico :
🔗 Inscricións: WWW.VIGOSONICO.COM (ACCESO OU NOVO REXISTRO)

