Subvencións para a formación profesional de persoas traballadoras desempregadas 

Segunda convocatoria de axudas, cun orzamento de 40 millóns de euros, para financiar accións formativas de FP (graos A, B e C) dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas.

Entidades beneficiarias e requisitos:

  • Entidades e centros de formación que estean acreditados e inscritos no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia (ou estatal, para modalidade virtual) para impartir as ofertas de graos A, B e C.
  • Entidades que non incorresen en incumprimento total de expediente en convocatorias anteriores.
  • De ser o caso, ter comunicado e iniciado máis do 60 % das prazas financiadas na última convocatoria regulada polas bases de 2025 (se o número de accións concedidas foi superior a tres).
  • As accións formativas están dirixidas a persoas traballadoras desempregadas, aínda que poderán participar persoas ocupadas ata un límite do 30 %.

Prazos:

  • Prazo de presentación de solicitudes: Comeza aos 5 días hábiles seguintes á publicación da Orde no DOG e permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2026 (ou ata esgotamento de crédito).
  • Prazo de execución: As accións formativas deberán finalizar antes do 31 de marzo de 2027.

Solicitudes:

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática SIFO.
  • Acceso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou no enderezo directo

Máis información: