Galicia Suma Talento: Empregate 2026

Axudas para fomentar a contratación por conta allea en empresas e entidades sen ánimo de lucro de persoas desempregadas, especialmente colectivos con dificultades de inserción.

Requisitos

  • Para as entidades: Empresas, persoas autónomas, sociedades civís, comunidades de bens e entidades sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia.
  • Para as contratacións: Deben ser de duración indefinida e a xornada completa (agás persoas con discapacidade ou exclusión social, que poden ser ao 50%).
  • Período subvencionable: Contratos realizados entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.
  • Colectivos beneficiarios: Mozos/as menores de 30 anos, mulleres (vítimas de violencia, en ocupacións masculinizadas ou con fillos/as menores de 3 anos), parados de longa duración, maiores de 52 anos, emigrantes retornados/estranxeiros, persoas con discapacidade ou en exclusión social, e ex-alumnos de programas de formación (AFD, obradoiros ou PIE).

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes comeza ás 9:00 horas do quinto día hábil posterior á publicación da orde no DOG e remata o 30 de setembro de 2026.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, baixo o código de procedemento TR342C.

Máis información