🎸 ¡ABERTO O PLAZO NA ACADEMIA VIGOSÓNICO! 🎤
Se tes ganas de aprender a tocar un instrumento ou mellorar a túa técnica vocal de xeito totalmente de balde, esta é a túa oportunidade!
Abrimos as inscricións para o noso programa gratuíto de iniciación musical deseñado para persoas a partir dos 10 anos.
🎶 ¿Que podes aprender?
- Martes: Baixo e Canto (técnica vocal).
- Mércores: Guitarra e Batería.
(As clases son dunha hora de duración durante 14 semanas).
⏰ Horarios recomendados por idade:
Para garantir que os grupos sexan afíns, recomendase a seguinte distribución:
- Menores de idade: Quendas das 17:00h ou das 18:00h.
- Maiores de idade: Quendas das 19:00h ou das 20:00h.
👥 Idades e preferencia de praza: Teñen preferencia as persoas de 10 a 35 anos. Se tes 36 anos ou máis, tamén podes anotarte para cubrir as vacantes!
📅 Trimestres:
- 1º Trimestre: Do 15 de setembro ao 16 de decembro.
- 2º Trimestre: Do 12 de xaneiro ao 14 de abril.
⏳ Prazos importantes:
- Apertura: ¡Xa podes inscribirte desde hoxe mesmo!
- Peche: O prazo para o primeiro trimestre remata o vindeiro 12 de setembro.
- ⚠️ A inscrición faise para o primeiro trimestre. Se quedas fóra, pasarás automaticamente á lista de agarda para o segundo trimestre.
🔗 ¡Non te quedes sen a túa praza! Tes toda a información e o enlace ao formulario de inscrición:

