O alcalde avanzou os seis títulos que conforman a programación do ciclo de cine de verán ao aire libre que organiza o Concello no Pazo de Castrelos e que comeza esta fin de semana.
O alcalde valorou o éxito que tivo esta proposta cultural o verán pasado, un impulso para organizar unha nova edición este ano con películas para tódolos públicos. As proxeccións inícianse esta fin de semana ás 22:30 horas da noite e poderán verse 6 películas os días 19, 20, 26 e 27 de xuño e 3 e 4 de xullo.
O calendario queda como segue:
◦ Venres 19 de xuño: Buffalo Kids (2024). Película de animación para todos os públicos, especialmente recomendada para a infancia.
◦ Sábado 20 de xuño: Odio o verán (2024). Filme español do xénero comedia.
◦ Venres 26 de xuño: Pai non hai máis que 4: campás de voda (2024). Comedia para todos o públicos
◦ Sábado 27 de xuño: Rondallas (2025). Película estreada en Vigo, ambientada na área. Para todos os públicos
◦ Venres 3 de xullo: Sonic 3 (2024). Filme de animación para maiores de 7 anos
◦ Sábado 4 de xullo: Amigos imaxinarios (2024). Película de fantasía e comedia recomendada principalmente para familias con nenos e nenas pequenos

