XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”

O Concello de Lalín convoca a XXXIII edición do Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, un certame que recoñece traballos xornalísticos e académicos dedicados á difusión da gastronomía galega.

  • Convoca: Concello de Lalín.
  • Modalidade: concorrencia competitiva.
  • Categorías:
    • Mellor traballo xornalístico.
    • Mellor traballo académico.
  • Participantes: xornalistas, escritores/as, particulares e alumnado ou titulados/as en Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual, segundo as bases.
  • Traballos admitidos: publicados nos dous últimos anos e relacionados coa gastronomía galega ou a gastronomía en xeral.
  • Premios: 4.000 euros para o mellor traballo xornalístico e 1.000 euros para o mellor traballo académico.
  • Prazo de presentación: ata o 30 de novembro de 2026.
  • Presentación de solicitudes: a través da sede electrónica ou do Rexistro Xeral do Concello de Lalín.
  • Máis información: as bases completas poden consultarse na sede electrónica e na web do Concello de Lalín.

BOP PONTEVEDRA