🎸 Convocatoria de Salas de Ensaio de Vigosónico
Tes unha banda local e queres ensaiar en Vigosónico? 🎶
Se na túa banda máis da metade das persoas integrantes están empadroadas en Vigo ou matriculadas nun centro educativo da cidade, esta convocatoria pode interesarvos.
📝 Inscrición
📌 Solicita agora a túa praza para ensaiar 2 horas semanais, desde o 1 de setembro ata o 30 de novembro.
👉 Formulario de inscrición:
https://forms.gle/6oGmNeQB6ckw1bgJA
📄 Consulta aquí as normas de uso das salas:
https://drive.google.com/file/d/1W7gA8iAypfKu-k3IGrYE1wIikMzchVZQ/view?usp=drive_link
🎛️ As salas inclúen o seguinte equipamento
Contamos con 5 salas totalmente equipadas con:
🎤 2 micrófonos
🔊 2 equipos de P.A.
🎚️ 1 mesa multicanle
🎸 2 amplificadores de guitarra
🎸 1 amplificador de baixo
🥁 1 batería completa
➕ Material adicional dispoñible baixo solicitude
🎹 1 pé de teclado
🥁 1 pé adicional para batería (sen prato)
🎼 1 atril
🎤 1 micrófono extra
🕒 Horarios de ensaio
📅 De martes a domingo
⏰ Quendas de dúas horas:
🕔 17:00 – 19:00
🕖 19:15 – 21:15
✅ Criterios de baremación
As solicitudes valoraranse tendo en conta:
📌 A orde de inscrición.
🌱 Que sexan bandas de nova creación.
👥 O número de integrantes menores de 35 anos.
📍 O número de integrantes empadroados/as en Vigo.
🎵 Anímate a participar e aproveita as salas de ensaio de Vigosónico para impulsar o teu proxecto musical!
2026-07-27

