Algunha vez te preguntaches como sería poder cambiar as cousas que non che gustan da túa cidade, da túa comunidade ou mesmo de Europa? Pois esta é a túa oportunidade!
O programa “Diálogo da UE coa Xuventude” dáche a oportunidade de participar directamente nas decisións que afectan á túa xeración.
Que é o Diálogo coa Xuventude?
É unha iniciativa da Unión Europea que conecta a mocidade coas persoas responsables das políticas públicas. O obxectivo é claro: mellorar o deseño e a implementación das políticas que nos afectan, desde o ámbito local ata o europeo.
O “Diálogo da UE coa Xuventude” quere que sexas a ponte entre a mocidade e quen toma as decisións importantes. Imaxinas poder dicirlles directamente ás persoas responsables políticas o que a mocidade necesita?
O papel das Embaixadoras e dos Embaixadores do Diálogo
Como Embaixadora ou Embaixador serás responsable de:
Organizar eventos e actividades para que outras persoas mozas se unan ao movemento.
Establecer diálogo entre a mocidade e as persoas responsables políticas.
Colaborar con outras embaixadoras e embaixadores, así como con entidades xuvenís.
Ser a voz da túa xeración!
Podes participar?
Claro que si! Só precisas:
Ter entre 13 e 29 anos.
Ganas de cambiar as cousas.
Compromiso para a segunda metade de 2026 e todo o 2027.
E moitas ideas para compartir!
Por que participar?
Inflúe directamente nas políticas que afectan á mocidade.
Desenvolve habilidades de liderado e comunicación.
Amplía a túa rede de contactos a nivel estatal e europeo.
Adquire experiencia en procesos de toma de decisións.
Anímaste? O tempo corre!
Tes desde o 23 de xuño ata o 15 de setembro ás 23:59 h para inscribirte. Non o deixes para última hora!
Como te inscribes?
Enche o formulario de inscrición (é facilísimo!).
Cruza os dedos.
Agarda a nosa resposta.
Mantente ao día!
Non perdas nada seguíndonos en:
Instagram
E non esquezas usar os hashtags #DiálogoXuventude e #EUYouthDialogue nas túas redes para unirte á conversa.
Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar connosco a través das redes sociais ou do correo dialogoconlajuventud@cje.org.
2026-07-02

