A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 11 de maio con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ.
Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase á Serra do Argallo entre Tomiño e O Rosal, pasando pola Pedra furada (Figueiró-Tomiño), polo Miradoiro do Niño do Corvo (Tabagón-O Rosal) e rematando na tramo final da senda do río Tamuxe. Toda unha experiencia de aproximación ao Baixo Miño.
RUTA 6 – MIRADOIROS DE O ROSAL (17/5/26). DÍA COMPLETO
Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos á Serra dE Argallo e as impresionantes vistas do Miradoiro de Niño do Corvo.
Cómpre advertir que será unha xornada de día completo e haberá un único percorrido de 14,8 km, con posibilidade de acortar a ruta no momento da comida nas Pozas do río Tamuxe.
IMPORTANTE: LEVAR XANTAR, AUGA SUFICIENTE E BASTÓNS dado o forte desnivel tanto de subida como de baixada (ver alzado do percorrido abaixo)
Inscrición gratuíta
– Dende luns 11 de maio, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
– Criterio de participación: dado que se anulou a ruta dos Miradoiros de Baiona-Oia, nesta etapa non se aplicará o criterio de terse inscrito á anterior ruta.
– No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do xoves as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Datos do percorrido
✔ Domingo 17 de maio, día completo
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 19:00 (aprox)
🏃 Percorrido longo: 14,8 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e a comida de todo o día.
🗾 Trazado e alzado percorrido:


