Servizo internet gratuíto

Nos espazos da Concellería de Xuventude (Casa da Xuventude, e Vigosónico) están habilitados postos con ordenadores e conexión a internet. Preferentemente estes postos van dirixidos aos mozos e mozas usuarios dos servizos, podendo ser empregado por calquera cidadán ou cidadá no caso de haber dispoñibilidade nos horarios habilitados.

Asemade, en todos os espazos pódese acceder a internet gratuitamente a través da wifi dipoñible.

Coñece os recursos especialmente pensados para achegar e facilitar o acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación á xuventude do Municipio de Vigo.

Consulta e respecta as normas específicas de utilización en cada espazo: están expostas en cada sala. Non dubides en preguntar aos traballadores e traballadoras, as dúbidas que che xurdan: axudaránche no posible.

CASA DA XUVENTUDE

  • Horario: de luns a venres de 9 a 14 horas.
  • Recursos: equipos e impresora (levar os folios para imprimir)
    • Conexión WIFI
  • Características:
    • Sesións de 1 hora cos nosos equipos, sen límite para conexión WIFI.
    • Acceso a catálogos temáticos e webs de interese xuvenil, elaboración de documentos.
    • Equipos para conectarse a webs de interese xuvenil: directorio de internet a disposición das persoas interesadas.
    • Envío e recepción de correo electrónico a través do correo web.
    • Espazo para navegar comodamente co teu portátil mediante conexión WIFI.

VIGOSÓNICO

  • Horario: de martes a domingo de 16 a 22 horas.
  • Recursos: equipos con impresora (levar os folios para imprimir). 4 dos equipos constan con programas específicos para música (edición de son, informática musical …)
  • Características
    • Sesións de 1 hora cos nosos equipos; sen límite para conexión wifi.
    • Navegación libre por internet, chat …
    • Elaboración de documentos e traballos.
    • Videoconferencias

Documento: NORMAS DO SERVIZO DE INTERNET.