2022 Programa de emprendemento musical

Convocada a acción formativa do Espazo Coworking  Go2 Work organizado pola Fundación Paideia Galicia y EOI – Escuela de Organización Industrial e dirixida a persoas emprendedoras do sector musical que busquen definir o plan de negocio dos seus proxectos artísticos.

Esta acción formativa está enmarcada nun convenio asinado entre a Fundación Paideia Galiza e EOI – Escola de Organización Industrial para a posta en marcha acciones formativas dirixidas a emprendedores e emprendedoras musicais. Esta primeira edición de 2022 conta coa colaboración do Concello de Vigo, que poñerá ao dispor do alumnado do curso o espazo Vigosónico, un centro dedicado á música e destinado á mocidade viguesa.

Xa está aberto o prazo de inscrición a través da web www.paideia.es para todas aquelas persoas que desexen participar nesta iniciativa, que contará cun total de 60 horas formativas presenciais e 40 de titorías individuais para cada un dos proxectos musicais participantes.


As sesións presenciais desenvolveranse os venres pola tarde en horario de 16:00 a 20:00 h en Vigosónico, un espazo do Concello de Vigo equipado con salas de ensaio e formación e cun estudo de gravación. Participarán como relatores e titores recoñecidos/ as profesionais da industria musical como Almudena Herdeiro (directora de Primavera Prol), Celia Carrillo (Directora Xeral de LIVENow Spain) ou Tomás Fernando Flores (Director de Radio 3). O alumnado recibirá ademais formación na metodoloxía Lean Startup, que será impartida por diferentes expertos/ as na materia.


Pódese ampliar información a través da páxina da Fundación Paideia Galiza, do correo electrónico emprendimiento@paideia.com ou do teléfono 981 910 100 e da páxina web de EOI – Escola de Organización Industrial.

DESCARGA: PROGRAMA EMPRENDEMENTO MUSICAL


O programa Go2 work é un espazo de traballo destinado a persoas emprendedoras, que está concibido para incrementar as probabilidades de éxito dos proxectos participantes en fase temperá de desenvolvemento.

Acerca de Fundación Paideia Galiza
A Fundación Paideia Galiza é unha organización galega, creada en abril de 1986. A misión da fundación é a de promover a igualdade de oportunidades e favorecer o desenvolvemento persoal e social, mediante a creación de propostas e proxectos innovadores e sostibles. Os eixos sobre os que centra a súa actividade son: Discapacidade e Emprego, Mocidade e Movilidad, Emprendemento, Desenvolvemento Territorial e Formación e Divulgación.

Acerca de EOI
Fundada en 1955, a Escola de Organización Industrial (EOI) é a escola de negocios decana en España e unha das máis antigas de Europa. O seu obxectivo é formar líderes do cambio social a través da dixitalización, o emprendemento e a sustentabilidade para contribuír á mellora da economía e das persoas.